O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Sunday, November 08, 2009

CAE A AUTÉNTICA EN TERRA ALLEA!!


Cunha dignidade a proba de bombas caeu a Auténtica en terra allea [31 carreiras a 25] , unha valentía que da que naide pode persumir ate o de agora, a Selección Galega de Billarda chegou a Piedras Blancas autoxestionándose a súa viaxe e sen deberlle nada a naide, ademáis despedímonos orgullosos dos nosos anfitrións asturianos acudindo á súa sede social en Avilés, o Bar Timo , para compartir con eles a dóbel ledicia de levarse a copa cantábrica e o palanador, Sergio de espora, ser o vencedor do lacón internacionalista.

O análise de todos e cada un dos palanadores da Auténtica ás ordes do seleccionador nacional Ginés Rodríguez non pode ter outro denominador común ca o do compromiso total coa causa da Auténtica, tod@s sen excepción tentamos rachar o cerco asturiano pero o día e a sorte non nos acompañou en absoluto, dende a espectacular participación de Paco Galego do Olimpique de Xenebra pasando polos históricos Ana e Servando exiliados en terras avilesinas que uniron as súas forzas á Auténtica ate a mítica capitana nacional Carninha tentamos con uñas e dentes defender a posesión da Copa Cantábrica pero nista edición non puido ser, a copa está agora en teito asturiano polo que eles porán data e condicións para a súa defensa na vindeira tempada, nós agora , xunguir a xugada de bois para seguir sementando unha terra que nos pide billarda a berros.....beizóns a tod@s e adiante porque a victoria é nosa!!

Saturday, November 07, 2009

ULTIMA HORA: A III COPA CANTÁBRICA SERÁ INDOOR [ pavillón de Piedres Blanques]


O pavillón de Piedres Blanques (asturies) acollerá ista 3º edición da Copa Cantábrica por mor das condicións climatolóxicas que impiden a desputa na mítica pista de Piarnu. Será pois a primeira vez que as seleccions nacionais de Asturies e Galiza se vexan as caras baixo teito, a cita iste domingo 8-N a partires das 11:30 h. Cuspindo nas mans para aló vai a Auténtica.... e no brazo unha estrela !!

Thursday, November 05, 2009

A PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) APRESENTA A LISTA DE CONVOCAD@S PARA A DESPUTA DA III Copa Cantábrica!!


A LISTAXE DA AUTÉNTICA PARA A III EDICIÓN DA COPA CANTÁBRICA NON PODE TER OUTRA IMAXE DE CABECEIRA QUE NON SEXA A DO NOSO CAPITÁN HISTÓRICO QUE ISTA EDICIÓN NON PEDRÁ ESTAR CON NÓS NA PISTA DE PIARNU Ó ATOPARSE EN FASE DE RECUPERACIÓN DESPOIS DUNHA PEQUENA INTERVENCIÓN QUIRÚRXICA , TODA A AUTÉNTICA QUERE ENVIARLLE FORZAS PARA A SÚA PRONTA RECUPERACIÓN E PODEMOS AFIRMAR QUE CADA GOLPEXO NOSO SERÁ UN GOLPEXO DO GRAN MESTRE CALVETE...Adiante a Auténtica!!

Listaxe de convocados: Ginés Rodríguez ( seleccionador-xogador) , Carmiña, Bixi, Xosé Manuel-bítere, Arturo , Moisés-xove , Cristian-xove ( tocado polo que o staff técnico decidirá antes do partido a súa participación) , Servando , Ana , Paco Gallego, Alex , Andrés, Suso, Lucia, Marcos, Eric, Geny, Jose, Paloma, Reyes, Guille , Daniel, Franco, Markytos , Toño, Tereixa , Xosiño , Xermán.

-Staff técnico: Tere e Toni

- [Lola, Urbano, Hugo>> palanador@s LNB de nacionalidade asturiana que xogarán coa selección asturriana]


Atención porque nista edición da Copa Cantábrica A Auténtica estreará oficialmente o himno credo por xabier cordal polo que ademáis de quentar as bonecas é imprescindíbel quentar a gorxa tamén , polo que haberá ensaio xeral durante o desprazamento na Guagua que partirá da estación de Ribadeo ás 9 h. Especial mención a todos os seleccionados nista ocasión xa que serán os máis auténticos sen lugar a dúbidade de todas cantas convocatirorias foron realizadas xa que ademaís cada palanador costeará o seu billete de bus cun custe de 10 euros e o seu xantar de 12 euros nunha Casa Orosia que promete realizar unha fabada disas que fan história.

Aviso para navegantes pois, se algún despistado está pensando en meterse na LNB para pasear de balde e paparotar á conta dalgunha subvención equivócase de sitio, a Auténtica só pode prometer sufrimento e autoxestión, é por elo que saudamos con orgullo e ansias mil a invitación da xente do Conceyu Nacional de Liriu que incluso xa xestionou un pavillón en Piedras Blancas para desputar o partido en vista do complicado das condicións climatolóxicas. Esforzo o dos irmáns do Liriu que se verá recompensado cando os lirius e as billardas formen unha vez máis xuntos para combatir como di o noso himno ás forzas do imperio do mal....esperta pobo, Adiante co Varal!!

DOMINGO 8-N / PLANIG DA VIAXE:

9 h: Saída da Guagua da LNB da estación de buses de Ribadeo.

11:30: Comezo da Copa Cantábrica en Piarnu

14:45 h : Xantar de irmandade na Cara Orosia

16 h: desputa do Aberto do Lacón Internacionalista

18:30 h: Visita ó Bar Timo de Avilés e sede na cidade do CNL

19:30 h: Regreso á Galiza

Wednesday, November 04, 2009

CATORCE LACONADAS , A CHAMPIONS-LI E UN FIND DE LOUCURA BILLARDEIRA!!


Por se alguén dubidaba do impacto social da proposta LNB , akí tendes a resposta!!. Luis Dávila, armou iste espectacular estalo billardeiro que inxertou ista semana na súa tira que regularmente publica o faro de vigo, un fito de dimensións descoñecidas ate o de agora e que pasa xa a formar parte dos arquivos históricos da LNB e formará parte sen dubidalo das reseñas creativas do libro-disco da República Billarda. O grande Luis Davila amplía o campo de acción da revolución billardeira e o sumerxe de pleno os paláns manchados de tinta no mundo da banda deseñada que de seguro seguirá dando os seus explosivos froitos. Xabier Cordal , Santi Jaureguizar, Luis Dávila, Rubén Ruibal.....a nómina do exercito billardeiro das letras e debuxos bota para atrás , únete á revolución!!

E Atención porque ademáis coas lacoadas no horizónte e co país enteiro comendo as uñas agardando pola lista de convocados da Auténtica para defensa da Copa Cantábrica diste domingo , apresentamos xa o adianto de axenda para iste find de loucura absoluta:

-LUGO: Venres 6 ás 16 h>> Aberto de Billarda LNB "Asalto a Moncada"
Cartel de Garabolos


Contacto : 609.415803

-TXANTADA SÁBADO 7 : ABERTO DE BILHARDA CASTANHAZO ROCK_09


Inscrición antes de comezar.
Hora: Ás 16:30 h.
no "Bravú Arena" (Mercado Gandeiro)
contacto: 647.190789

PACO GALEGO DO "OLYMPIQUE DE XENEBRA" SERÁ O 1º PALANADOR GALEGO DAS LIGAS EUROPEAS EN FORMAR COA AUTÉNTICA!!


ESPECTACULAR GOLPE NA MESA DO NOVO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA , GINÉS RODRÍGUEZ RACHA COA LIÑA DOS SEUS PREDECESORES E REVOLUCIONA TOTALMENTE A LISTA DE CONVOCADOS CHAMANDO Ó GRAN PALANADOR DOS OLYMPIQUE DE XENEBRA, A FRANQUICIA BILLARDEIRA SUIZA NA QUE MILITA O RAPEIRO E PALANADOR GALEGO , POPULARMENTE COÑECIDO NO PAÍS TRANSALPINO COMA PACO GALEGO . FUNDADOR DA CREW MAFIA GALLEGA CON SEDE NA CIDADE SUIZA ISTA FIND DÁ UN CHIMPO DENDE O CENTRO DE EUROPA PARA DEFENDER COAS ZOUPAS DUN GALO DE PELEXA A COPA CANTÁBRICA NO INFERNO DA PISTA DE PIARNU ( ASTURIES). É A PRIMIERA VEZ NA HISTÓRIA QUE UN PALANADOR DAS GRANDES LIGAS EUROPEAS É CONVOCADO PARA FORMAR PARTE DA AUTÉNTICA, UN FITO DE DIMENSIÓNS ESTRATOSFÉRICAS CO QUE O NOVO SELECCIONADOR GALEGO QUER LANZAR UNHA MENSAXE A TOD@S OS PALANADORES E PALANADORAS GALEGAS ESPALLADOS POLO MUNDO:
- non importa o chan que pisedes nen o aire que respiredes , só importa a intensidade coa que golpexedes!!



E Atención porque Paco , non só se vai quedar empurrando o palán e enfundando a camiseta da Auténtica, senón que vai participar activamente no Koro poliaphóniko da Auténtica á hora de interpretar o himno pra coller recortes e moi posibelmente incluír no futuro disco da República Billarda a tan desexada versión rap da letra agasallada polo poeta xabier cordal á revolución . Paco, aproveitando ista convocatororia da Auténtica vai realizar unha pequena xira por Galiza para afianzar os lazos co exilio interior polo que é moi posíbel que o sintades se sintonizades Radio Oceánica ou Planeta Furancho da Radio Galega Música. Ademais pode que a versión rapeira do himno da Auténtica a realice incluso no propio país , converténdose no seu primiro estalo rexistrado en terra mae e pode que sexa en compañía do Xevi do colectivo Malandrómeda, versión que de realizarse de seguro que terá o pouso disa espectacular concerto realizado por ambos no centro galego de Frankfurt pondo así a semente ó que pode ser a futura e tan desexada inmersión da Auténtica en no país alemá e na centro europa....pobo que esperas? Adiante co Varal!!

Tuesday, November 03, 2009

O NOVO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA ECLIPSA TOTALMENTE A CRUYFF E Á CATALANA DE FUTBOL!!


Combulsión absoluta no mundo do deporte internacional por mor da irrupción brutal da Auténtica , dende Catalunya os medios de comunicación invádennos de teletipos preguntando quén é ise tal Ginés que está eclipsando totalmente ó recén nomeado seleccionador nacional catalán de futbol. Iste palanador e pluri atleta viveirense , chegou xa fai uns anos á tolería da LNB empurrado pola curiosidade da man das crónicas que daqula publicaba un coñecido xornal da provincia de lugo, dahí , á súa militancia nos Remourelle Bulls que combina coa súa total e natural paixón que son os bolos celtas. Desputou xa dous títulos nacionais en Conxo título que aínda se lle resiste e participou cos Remourlle Bulls na final a tres por equipas e foi naquel mítico Aberto da Auténtica na cidade da Coruña donde Ginés conseguíu o seu pase automático para encabezar a Auténtica e por aclamación popular nomeado posteriormente coma seleccionador nacional para dirixir ó combinado elexido pola PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) .


Pero Ginés non só estará coa ollada posta en Piarnu na defensa da Copa Cantábrica contra Asturies, senón que dende o venres os seus olleadores terán un traballo descomunal en Lugo , o sábado en Chantada e coa guinda cantábrica na xornada do domingo. Permanecede atentos ás pantallas porque chega a tan agardada lista de combocados pola Auténtica , máis a brutal axenda de Abertos da find que terán un denominador común : O apoio total a isa referencia absoluta a nível internacional do noso deporte que evoluciona favorabelemente da súa doenza e que pese a non poder estar fisicamente con todos nós , estará en cada un dos golpexos da Auténtica .....tod@s somos CALVETE!!

Sunday, November 01, 2009

O CARRO E A AUTÉNTICA ...CANTA O SEU EIXO TAN BEN QUE A SEÑARDADE ME ESPANTA!!


O carro e o home é un filme de 1941, sen dúbida unha das mellores aproximacións ao mundo rural galego que se fixeron nunca e unha das referencias fundamentais do documental etnográfico no estado español. A obra débese á acción do seu director, Antonio Román, e dun dos etnógrafos máis importantes da historia galega, Xocas.

O relato iníciase coa corta dunha árbore da que tirar a madeira para o carro, e remata co seu enterramento. O obxectivo do documental é achegarse á cultura popular e empregar as posibilidades da linguaxe cinematográfica para divulgala. Nun intre no que só nos falta xunguir os burros ó xugo imponse a revisión dista xoia de cinema nacional para afrontar en condicións e en plenitude os grandes retos que temos diante...cargai no carro un mundo de xente , escribe o poeta nun dos versos do noso himno, que conecta coa obra do fundamental Xocas e dos Auténticos Fuxan os Ventos:

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

Thursday, October 29, 2009

PASAIA PREPÁRASE XA PARA RECIBIR Ó COMANDO LNB NISTE I ABERTO INTERNACIONAL DE Txirikila-Billarda!!


Atención porque o entramado internacional da LNB prepara xa a súa descomunal maquinaria para iste novembro consolidar o seu despeque. Para ir facendo boca apresentamos o explosivo cartaz do I Aberto da Bahía Pasaia na súa versión galega, un feito de dimensións históricas que ten a firme propósito enterrar en Pasaia a semente billardeira para que a Txirikila comece a súa brutal revolución por toda Euskal-Herria. [Coordinación da serpe de carros: 627.780891]


O Txirikila-bai e o CNL , son os únicos interlocutores válidos para a LNB e serán por mediación dos cales a espectacular praza de Santiago de Pasaia, que podedes ver na foto , e a pista de Piarnu muden o seu aspecto cotián para converterse en campos minados de Txirikilas , billardas e lirius....avante a revolución internacionalista!!